Material didáctico (abierto). “A morte e o leñador”

4 11 2009

Ficha: Carlos Amoedo Souto, Marta García Pérez, J. José Pernas García, A morte e o leñador. A administración como carga para o cidadán. Bases constitucionais da Administración pública”

Sinopse

Las cuatro verdadesA curta de Luis García Berlanga, que forma parte da longametraxe “Les Quatre Vérités”, adapta libremente a fábula de Jean de La Fontaine (1621-1695) “La mort et le bûcheron” . Nesta, un leñador, cansado das dificultades da vida, chamou á morte  para poñer fin a súa vida, arrepentíndose no último momento. Berlanga traslada esta fábula á España dos anos sesenta, desenvolvendo, con boas doses de ironía e humor negro, a súa idea central: “antes padecer que morrer, é o lema do home”.

Na lectura que ambos os cineastas propoñen da anterior fábula, o protagonista, Hipólito Muñiz, é un organillero que toca na rúa para gañarse a vida, en compaña dun neno vagabundo. Ademáis de pertencer ao estrato máis baixo da sociedade, Hipólito é unha persoa extraña, un freak que non cadra ben co tópico fisiolóxico do español (se ben hai quen opina que o feito de que o actor fose pouco representativo do español da época non era por unha cuestión artística, senón por causa da imposición da produtora).

O filme comeza cando o Hipólito se atopa na praza do Callao en Madrid, tocando o organillo mentras o neno pide limosna aos viandantes. Un policía ordénalle que deixe de causar molestias, e acaba por sancionar ao protagonista polos ruidos causados, mentres ao redor circulan centos de vehículos, e o policía de tráfico dirixe éste con estridentes toques de pífano. A policía requísalle o manubrio que permite utilizar o organillo, por desacato á autoridade.

A partir dese momento, o organillero inicia un calvario administrativo desesperado para recuperar a manivela. En primeiro lugar, o protagonista atópase cunha burocracia ineficaz, despreocupada e insensíbel co padecer do administrado, que o ignora e aplica cegamente “o regulamento”. Na segunda parte da curta, cando xa desistiu de recuperar a manivela a través das vía oficiais (non pode pagar a multa porque non pode traballar, e non pode traballar porque ten a manivela requisada), tenta conseguir outra a través doutros medios menos ortodoxos e legais.

Finalmente, e xa desesperado, cando vai cargando co organillo por un descampado dos arredores de Madrid (simbólicamente situado acarón dun dos emblemas do “progreso” da época, unha estación eléctrica), Hipólito bota o organillo a un barranco e prepárase para esganarse, colgándose dunha torreta de alta tensión. Nese momento, atopa unha fugaz esperanza na “morte”, representada por unha carruaxe fúnebre que leva a unha neniña a un concurso radiofónico. O condutor da esperpéntica carruaxe é a primeira persoa que se solidariza e lle presta a súa axuda para recuperar o organillo e remolcalo cara Madrid.

Mais, cando xa pensábamos que, finalmente, había esperanza para o máis feble, aparece de novo a implacábel Máquina da racionalidade moderna, a Administración, na forma da guarda civil de tráfico: a benemérita desengancha o organillo do coche fúnebre e – supoñemos – procede a multar a Hipólito novamente por infrinxir o Código de Circulación…

Non hai escapatoria para fuxir do destino: á volta do camiño sempre estará a administración omnipresente, aplicando o regulamento, allea ás circunstancias sociais e económicas do individuo.

Palabras clave: o sistema administrativo do réxime franquista; bases constitucionais da Administración pública; acto administrativo; procedemento administrativo; principios de igualdade e proporcionalidade na aplicación da norma; caducidade das sancións; procedemento administrativo sancionador; concepto e dereitos do interesado; formas de ordenación administrativa; ordes; deberes de información; autorizacións; normativa sectorial.


Acciones

Information

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: